Gondomar: O Desleixo Interminable!
Publicado en: BNG de Gondomar, Notas de prensa, Política Municipal o 10 Xaneiro 2012 por BNG Gondomar | Ningún comentarioPolo que se ve, o Goberno Municipal de Gondomar iniciou o novo ano sen a menor intención de “propósito de enmenda” e facendo caso omiso das recomendacións de austeridade que os xefes políticos do PP pregoan día si e día tamén dende as diferentes estancias do goberno, medios de comunicación, partido, etc., etc.
Pois ben, podería parecer que en Gondomar van por libre, mais non é así. O novo Goberno Municipal de Gondomar a estas alturas xa é un paradigma de ineficacia, desleixo e nula capacidade de xestión, co agravante de que por facer un traballo (político) ao que ninguén está obrigado a se presentar, non dan feito malia ter unha mayoría absoluta de nove membros dos cales seis teñen unas razoables adicacións exclusivas. Ás perdas de importantes subvencións acontecidas o ano pasado: A Pasaxe, policía local, obras de saneamento, etc., agora hai que sumarlle novo episodio. E o ano non fixo máis que comezar, por non falar do novo PXOM que nin sabe del nin se lle espera. Francamente este goberno vai camiño de superar o difícil record do goberno anterior dos Srs. Urgal-De Lis, que xa é difícil!!!
De entrada, non foron quen de aprobar os orzamentos municipais en tempo en forma, tendo Gondomar dende o día un de xaneiro os orzamentos prorrogados do anterior goberno municipal, que en si mesmos son un despropósito e que só tiñan por obxecto o cobro das adicacións exclusivas dos Srs. Urgal, De Lis, Cabaleiro, etc.
Pero a cousa segue en caída libre cun Alcalde ausente e sen propostas e un goberno dividido e incapaz nuns tempos nos que dende os concellos hai tanto que facer. Para abrir boca velaí tres exemplos que acaban de acontecer e co goberno muncipal a velas vir:
1º EXEMPLO.- Malia os orzamentos escuálidos do Concello e as necesidades urxentes que hai que atender (lembrar que non hai moito Correos lle suprimira o servizo ao Xulgado de Paz por falta de pago ou, os recortes nas bolsas dos comedores escolares, etc, etc) , por orde da propia Alcaldía mercaron sobre de 100 axendas do 2012 por un importe de 2.000€. O devandito gasto foi realizado co reparo da Intervención Municipal por non haber dispoñibilidade orzamentaria para facelo. Iso iso, a imprenta afortunada é propiedade dun destacado militante e dirixento do PP local e estreito colaborador do Sr. Guitián. O BNG devolverá estas axendas por consideralas un gasto innecesario nestes tempos de crise e recortes.
2º EXEMPLO.- O BNG acaba de saber que debido ao cambio da centraliña telefónica do Centro de Saúde de Gondomar por parte do SERGAS por outra nova, este organismo dirixiuse ao Concello hai máis de dous meses solicitándolle a cesión da liñas co obxecto de facerse cargo o SERGAS do pago da factura de telefóno que ate agora viña correndo por conta do Concello, pois ben, o SERGAS acaba reiterarlle a petición ao Concello e seguen sen facer caso. Ao final, seguirá pagando o Concello no canto de aforrar unha media anual de aproximandamente 4.000€. Suma e segue, así é como mira polos nosos impostos este goberno municipal.
3º EXEMPLO.- O último caso de xestión brillante e eficaz é do pasado sábado. Pola mañá cedo sobre as 8hs., e para sorpresa de propios e extraños, os vendedores da Praza Abastos Municipal atoparon a primeira hora a praza pechada, e o que é peor sen que ninguén respondera as súas chamadas ata que consegueron contatar coa Policía Local, e a través desta as chaves da praza, e unha vez dentro non tiñan auga para poder traballar, etc, etc. O caso é que ás 10,30hs cando a cousa se “normalizou” o negocio xa estaba perdido e a maioría dos clientes que alí se chegaron xa foran de volta. Lembrámoslle ao Sr. Alcalde que el é o Xefe de Persoal e que ademais hai un concelleiro encargado desa area, por certo, con adicación exclusiva para evitar estas cousas.
O triste de todo isto, é que Gondomar conta cun Goberno que nin cre, nin lle importa o Concello e as persoas que aquí vivimos, eles están a outra cousa… Dende o BNG cumpriremos coa nosa obriga de denunciar estes feitos, esixir que non se volvan a repetir e en consecuencia, pedirémoslle explicacións ao Alcalde no vindeiro pleno deste mes.




